O artista madrileño Recycled J. abrirá, o vindeiro mércores, 24 de outubro, no Teatro Vidal Bolaño do centro comercial de Cidade Universitaria, a programación cultural do primeiro cuadrimestre, na que conflúen música, teatro e cine.
A colección Toponimia do Val do Fragoso segue ampliando o coñecemento sobre as parroquias viguesas, desta volta, cun novo libro centrado na parroquia Santo André de Comesaña.
Desde hai tres anos as universidades galegas e do norte de Portugal traballan, dentro do marco da Fundación CEER, nun proxecto de cooperación cultural eurorrexional bautizado como Movemento e Música Partillados, un festival internacional no que cada universidade ten a oportunidade de amosarlle ao público as principais iniciativas relacionadas coa música e as artes escénicas que están a xurdir ao abeiro das seis institucións de ensino superior da Eurorrexión.
Os Concursos Universidade de Vigo’18 xa teñen gañadoras e gañadores. Ao longo das últimas semanas fóronse coñecendo as persoas gañadoras de cada unha das categorías convocadas: pintura, fotografía, creación audiovisual e maquetas de música. En total entregáronse dez premios e a categoría dos traballos presentados levou ao xurado a conceder tamén catro accésits.
Fotografía e xénero: análise de imaxes contra a desigualdade e Elaboración de pan artesán con ‘formento’. Estas son as grandes novidades da nova oferta de obradoiros, nove propostas formativas nas que se combinan novas propostas coas que chamar a atención da comunidade universitaria e demais persoas interesadas con outras suxestións máis tradicionais.
Máis de 2.300.000. Este é o número de páxinas que no ano 2017 se traduciron no Parlamento Europeo, o órgano da UE do que emanan leis que logo se traspoñen á lexislación de cada un dos 28 países que a integran e execútanse nas 24 linguas empregadas neses estados membros.
Dúas conferencias na Facultade de Filoloxía e Tradución e un coloquio internacional na Universidade de Porto. Estas son as últimas actividades programadas ao abeiro da I Cátedra Internacional José Saramago da Universidade de Vigo.
A I Cátedra Internacional José Saramago organizou para esta semana unha conferencia do crítico literario, profesor de lingua e literatura galegas e especialista en poesía galega vanguardista Alberto Valverde sobre poesía galega na transición. A cita será este xoves día 28 na libraría Andel.
Doce autoras e un autor saídos das aulas de Esdemga -Estudos Superiores en Deseño Téxtil e Moda de Galicia- que hoxe ocupan postos de privilexio nalgunha das máis recoñecidas marcas do mundo da moda e cuxos deseños poden verse nas principais pasarelas internacionais, inauguraron este xoves na Casa Galega da Cultura a exposición Tecidos e vestidos no laboratorio gráfico.
Desde hoxe e durante dúas semanas a voz de Tintín e as dos seus compañeiros de aventuras resoarán nunha trintena de idiomas diferentes no vestíbulo da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.