Seis fichaxes, dous deles internacionais, e un novo adestrador. Estas son as apostas do Universidade de Rugby para a tempada que comeza este sábado e na que o seu obxectivo será consolidarse na división de honra B. Despois do abandono de Trotski, o técnico que adestrou ao equipo nos últimos oito anos, chega a Vigo o arxentino Aníbal Babini para continuar cos bos resultados dos últimos anos.
Dun modo paralelo o equipo pretende asentar as escolas deportivas nas que participan estudantes universitarios, fomentando esta disciplina e creando canteira para os vindeiros anos. Ao curso de iniciación que se viña desenvolvendo dende o curso pasado súmase un ciclo de perfeccionamento, ao tempo que continuará a campaña dirixida a escolas.
10/10/2007