No contexto de crise económica mundial no que nos atopamos, son moitas as voces que se alzan co fin de aproximar posturas que axuden a mellorar a situación. Como futuros economistas preocupados polo porvir de España e de Galicia, o alumnado da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais organiza, con apoio do equipo docente e do decanato, o I Foro de Perspectivas Económicas. Tras a aprobación de novas medidas de tipo económico dende o Goberno, a delegación de alumnos da facultade mostrou a súa inquedanza por coñecer e explicar a toda a comunidade universitaria, da man de profesionais do sector, cal é o escenario no que nos atopamos xa que, en palabras do coordinador das xornadas, Estevo Sánchez, “este é un foro con perspectiva de futuro.
08/04/2011