Dotar ao alumnado, partindo desde cero, dos coñecementos básicos para que poidan iniciarse con autonomía e seguridade na escalada deportiva é o obxectivo central do curso de iniciación á escalada en rocódromo que, no marco da programación de obradoiros da Vicerreitoría do campus, Ciencias da Educación e do Deporte acolle neste cuadrimestre por segunda vez. Coas súas quince prazas cubertas, este curso de 30 horas busca así mesmo achegar ao alumnado do grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte a unha disciplina que pode converterse nunha oportunidade de traballo para eles.
07/05/2018