Un dos principais motivos que leva aos turistas a viaxar a por Galicia é súa natureza e a súa paisaxe. Sen embargo, o turismo na natureza é, segundo os expertos, un sector cunha limitada oferta que non aproveita todo o potencial que ofrece o territorio galego. Para contribuír ao coñecemento e desenvolvemento deste eido, os profesores da Universidade de Vigo José Antonio Fraiz, Noelia Araújo e Valerià Paül veñen de publicar un manual de turismo na natureza que afonda, a través de exemplos concretos da provincia de Ourense, en como mellorar o aproveitamento dos espazos protexidos.
07/09/2012