Co cuadrimestre a piques de rematar termina tamén a estadía dalgúns Erasmus no campus. Para despedir aos sete alumnos italianos, brasileiros e portugueses que acolleu a Facultade de Ciencias da Educación, o seu decano e coordinador, Xosé Manuel Cid, convidounos a unha cea de confraternidade á que tamén acudiron Ana Méndez, profesora de Educación Social, e Marta Súarez, responsable de ORI. No que definiu como “o noso ano máis internacional” Cid salientou a amizade que xurdiu entre o grupo, “outros anos nin chegamos a coñecer case aos Erasmus pero estes pasaron moitas veces polo decanato e establecemos unha relación especial, fixemos moitas cousas xuntos” explicou.
25/01/2008