Unha cincuentena de expertos chegados maioritariamente de universidades españolas participarán este venres e sábado na facultade Ciencias Económicas e Empresarias no 4º congreso da Rede Española en Elección Social, organizado polo grupo de investigación RGEA, Research Group in Economic Analysis, da Universidade de Vigo.
Anteriormente celebrado en Sevilla, Girona e Valladolid, o congreso chega na súa cuarta edición a Vigo cun programa de relatorios centrados na elección social e máis concretamente en cuestións como os sistemas de votación, o reparto de custes ou os problemas derivados da elaboración de listas.
A toma de decisións a partir das preferencias dos individuos que conforman unha sociedade, é o obxecto de estudo da teoría da elección social, que ten, como afirma desde o comité organizador do congreso, Gustavo Bergantiños “claras aplicacións prácticas en cuestións como o deseño de regras de votación".
15/11/2007