A Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía (EEME) da Universidade de Vigo proponlle aos alumnos e alumnas dos cursos de 3º e 4º da ESO, Bacharelato e ciclos formativos que se animen a construír unha maqueta dunha vivenda ou dunha planta enerxética nas que as súas instalacións sexan eficientes. Por iso, coa intención de que o futuro alumnado universitario se achegue ás enerxías renovables, a EEME lanza, como cada ano, o concurso Enerxiza_Rme.
25/01/2022