María Inmaculada Paz Andrade, catedrática de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, e Jacquelyn Campbell, experta en violencia de xénero da Universidade Johns Hopkins, serán as próximas doutoras honoris causa pola Universidade de Vigo, despois que o Consello de Goberno aprobase, na súa sesión ordinaria de hoxe, as propostas formuladas desde os departamentos de Física Aplicada e de Análise e Intervención Psicosocioeducativa, respectivamente. Con esta resolución, Paz Andrade e Campbell converteranse nas vixésimo sétima e vixésimo oitava Honoris Causa da institución viguesa, elevando a catro, tras Lynn Margullis e Eirén Moure, o número de mulleres que desde o ano 1992 recibiron a máxima distinción académica que outorga a Universidade de Vigo.
21/03/2018