A posta en marcha en 2021 do Distintivo de Igualdade convertía a Universidade de Vigo na primeira de todo o Estado español en contar cun selo deste tipo. Agora, co fallo da cuarta convocatoria, a institución académica suma xa 13 centros con este recoñecemento, ao seren seleccionados na edición de 2024 o Cintecx, a Facultade de Comunicación e a Facultade de Comercio.
19/03/2024