A misión biolóxica espacial BIXO, impulsada pola agrupación de estudantes UVigo SpaceLab, segue dando pasos importantes de cara a convertese nun fito para a Universidade de Vigo. Este martes, no marco dunha visita institucional da Axencia Galega de Innovación, a súa directora, Patricia Argerey, xunto co reitor, Manuel Reigosa, puxeron unha “primeira pedra simbólica” deste proxecto, que ten por obxectivo analizar os efectos reais da exposición prolongada dos microorganismos ao medio espacial co lanzamento dun satélite tipo cubesat.
19/12/2023