Aínda que a divulgación micolóxica en Galicia comezou en Santiago a principios do século XX, con Amando Castroviejo, non adquiriu unha estrutura sistematizada ata 1961. Polo tanto, esta disciplina cumpre en 2021 60 anos, unha efeméride que o Laboratorio de Micoloxía da UVigo quere conmemorar coa organización das xornadas MYCO60.
27/10/2021