Partiron de Portomarín o martes e hoxe Santi e Elisa chegaron xuntos á praza do Obradoiro. Santi é un robot do grupo GTI do centro de investigación atlanTTic e, nesta particular peregrinación, foi tamén os ollos e os pés de Elisa, unha empregada de Cisco con mobilidade reducida.
10/06/2022