Desde hai máis de dúas décadas en España, como no resto de Europa, explican as profesoras e investigadoras do campus de Ourense Raquel Rial e Beatriz Cancho, as cifras da obesidade supoñen un serio problema e reto de saúde pública “especialmente grave” na poboación infantil. Neste contexto, veñen de desenvolver un proxecto de aprendizaxe-servizo no que alumnado do Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos explicou a escolares de Educación Primaria como ler as etiquetas dos produtos alimentarios.
23/05/2023