A maza, Os tempos son chegados e Con e sen entibado son os títulos das tres imaxes que, trala deliberación do xurado, resultaron premiadas na primeira edición do certame Mundo Mineiro 2008. Ante o numeroso público e autoridades asistentes, os galardoados foron obsequiados cunha figura de porcelana, e percibirán ademais a contía monetaria da que está dotado o concurso. Carlos Arias, tesoureiro da Sociedade Mineralóxica Galega, que foi o encargado de dar a coñecer os nomes dos seleccionados felicitou a todos os que tomaron parte no certame pola “elevada calidade dos 101 traballos presentados”, segundo as súas verbas.
01/07/2008