A sustentabilidade e as enerxías limpas serán o xermolo dunha nova revolución industrial, como da anterior o foron as tecnoloxías da información e a comunicación. Así o afirmou o reitor da Universidade, Salustiano Mato, na inauguración da mostra de bioconstrución, enerxías renovables e ecoloxía, Alternalia, que terá as súas portas aberta ata o domingo 27 de xuño no paseo marítimo de Moaña. Segundo apuntou, este tipo de iniciativas, organizada polo Concello de Moaña, o IES A Paralaia e a Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo, son moi importantes en tempo como o que corre, de crise económica.
25/06/2010