A identidade do artista é un tema fondamente tratado ao longo da Historia da Arte, “dende os personaxes pintados de costas por Gaspar Friederich no romanticismo ata a implantación dun micro chip no nocello de Eduardo Kac na súa acción Time Capsule”. A exposición que a Sala X da Facultade de Belas Artes acolle ata o 25 de xaneiro de 2013, Identidades Colectivas, continúa con esta liña de debate coa que cinco profesores e artistas da facultade pontevedresa, Alberto Valverde, María Castellanos, Sara Goberna e Ana Seoane, dialogan sobre esta temática para concluír que ademais da do artista, tamén se ve implicada a identidade do espectador.
17/12/2012