As obras dos alumnos da Facultade de Belas Artes cada día traspasan novas fronteiras e, nesta ocasión, foron ata a Casa da Xuventude de Vigo onde, ata o vindeiro 15 de maio, pódese visitar a exposición colectiva Patio Interior que presentan cinco estudantes do campus pontevedrés. Nesta ocasión, o proxecto consiste nunha instalación multidisciplinar que resultou ser o froito das dificultades propias do espazo coas que moitas veces se atopan os artistas e que, en verbas dunha das estudantes que participan nesta iniciativa, Haya Blanco, “ao final resultaron ser a mesma solución á hora de unificar as distintas propostas”. Xunto a ela, Carolina Caluori, María Castellanos Vicente, Olalla Cortizas Varela e David Crespo Varela son os outros catro estudantes do último curso de Belas Artes e novos artistas que lograron facer dunha sala parte da súa mostra.
21/04/2008