A proposta do investigador principal da área de eficiencia enerxética en edificación do Grupo de Tecnoloxía Enerxética da Universidade de Vigo, Enrique Granada, e dun dos seus directores, Pablo Eguía, o enxeñeiro industrial José María Alonso decidiu unir na súa tese de doutoramento, Análise da eficiencia enerxética en edificacións mediante técnicas de simulación térmica de edificios e interpolación avanzada de datos meteorolóxicos, dous campos de estudo que non foran tratados ata ese momento, nin no contexto internacional, de xeito conxunto: os erros cometidos utilizando as fontes típicas de datos meteorolóxicos e a transmisión destes erros ás simulacións térmicas transitorias de edificios
02/10/2018