Todos os luns deste mes de novembro teñen algo especial para as nenas e nenos ingresados no Hospital Álvaro Cunqueiro. Unha cita cun grupo de estudantes universitarios que, durante unhas horas, traballarán con eles para tratar de distraelos das rutinas médicas e, ao mesmo tempo, achegarlles coñecementos científicos.
17/11/2022