“Renovar o compromiso do campus coa alimentación saudable, cos produtos de proximidade e cunha alimentación e compra sostible” constitúe, como sinala o director de área adxunto á Vicerreitoría, Luis Torres, o obxectivo principal da feira de produtos ecolóxicos e de proximidade que se desenvolverá o vindeiro xoves 5 de outubro no aparcadoiro do edificio que comparten as facultades de Comunicación e Dirección e Xestión Pública.
28/09/2023