Realizar e subir a Instagram fotografías que relacionasen o campus de Pontevedra con calquera aspecto do seu medio ambiente, os seus valores de compromiso ambiental, prácticas saudables, biodiversidade, natureza... Esa era a invitación que a Vicerreitoría do campus realizou, no marco das actividades da Semana da Creatividade e da Innovación, a través dun concurso de fotografía que este martes celebraba a súa entrega de premios.
21/05/2019