A súa rica composición de carbohidratos, o seu baixo custo e a súa ampla dispoñibilidade, converten ao bagazo de cervexa, o principal residuo da industria cervexeira, en posible fonte de compostos útiles para outras industrias. Na súa tese de doutoramento, o investigador da Universidade de Vigo David Outeiriño, avanza na biorrefinería de residuos cervexeiros para producir moléculas bioactivas con interese alimentario, concretamente bacteriocinas e biosurfactantes.
13/09/2022