O pasado curso académico, a Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense puxo en marcha unha Aula Aberta co dobre obxectivo de fomentar o uso do galego e a reflexión crítica sobre temas de interese social. A iniciativa retomouse este cuadrimestre cunha programación de tres sesións centradas en “realidades invisibilizadas” que rematou este venres falando de identidades de xénero diversas.
Dar visibilidade e pór en valor a actividade profesional das mulleres no ámbito da Enxeñaría de Minas, Enerxía e Materiais a partir das experiencias persoais de seis profesionais de moi distintos perfís. Con este obxectivo este venres celebrouse na EEME a II Xornada A muller na profesión de Enxeñaría de Minas, Enerxía e Materiais.
As Jornadas sobre tecnologías y soluciones para la automatización industrial (JAI) recuperarán a presencialidade do 14 ao 18 de novembro nunha edición récord en número de firmas participantes (preto de 125), persoas asistentes rexistradas (2000 entre profesionais e alumnado) e conferencias (45).
A Facultade de Dereito acolleu este venres a celebración da conferencia Un novo sistema penal: a concepción significativa de acción, ofrecida por Carlos Martínez-Buján, catedrático de Dereito Penal da Universidade da Coruña.
A Área de Dereito Mercantil da Facultade de Dereito do campus de Ourense celebrou este martes o obradoiro O seguro obrigatorio de responsabilidade civil pola circulación de vehículos de motor e a nova Directiva (UE) 2021/2118. Nel, María José Morillas, catedrática de Dereito Mercantil da Universidad Carlos III de Madrid, afondou co alumnado do centro nas novidades normativas neste eido.
A República Popular China é un os países máis antigos e máis poboado do mundo, con máis de 1400 millóns de habitantes. Tamén é a primeira potencia económica mundial por PIB. Atendendo a esta relevancia e co obxectivo de achegar este país ao seu alumnado, a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense organizou este martes a conferencia China 2025. A gran descoñecida potencia mundial.
90%. Esta é, segundo a ONCE, a porcentaxe de mozos e mozas galegas, uns 8400, de entre 16 e 29 anos, con algún tipo de discapacidade, que non ten emprego, aínda que o 15% deles e delas está na procura activa dun posto de traballo.
Dentro do ciclo Diálogos con... do programa Leadership School, o subdirector da Fundación de Estudios de Economía Aplicada (Fedea), Ignacio Conde-Ruíz, ofrecerá este martes, 25 de outubro, unha conferencia titulada Pensiones: ¿Cómo conciliar suficiencia y sostenibilidad frente al reto demográfico?
Este venres arrancou na Facultade de Dereito do campus de Ourense unha nova edición do seu Curso de Actualización Xurídica, no que se abordan temáticas de actualidade e transversais ás diferentes áreas do dereito. A súa primeira conferencia consistiu nunha aproximación desde o dereito internacional ao conflito armado entre Rusia e Ucraína.
A Facultade de Dereito acolleu este xoves pola tarde o Encontro Dereito e Literatura, evento anual organizado polo grupo de innovación educativa Innova Dereito e o grupo de investigación AGAF, que lidera o catedrático de Filosofía do Dereito da UVigo Pablo Raúl Bonorino.
Organizado pola Área de Dereito procesual da UVigo, baixo a dirección da catedrática Esther Pillado González, o salón de graos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo acolle hoxe e mañá o congreso internacional A xustiza penal ante o reto das novas tecnoloxías.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolleu este mércores a Feminismo e representacións socioculturais: antropoloxía e museografías feministas, coordinada polas profesoras do centro Fátima Braña e María Dapía e financiada pola Unidade de Igualdade da UVigo.
A Facultade de Historia do campus de Ourense acolleu este luns a V Xornada Olladas á Antigüidade, que nesta ocasión centrouse na violencia no universo feminino. A programación incluíu catro intervencións realizadas por especialistas sobre a muller en distintas culturas da historia antiga (Próximo Oriente, Exipto, Grecia e Roma).
26 millóns de usuarios e usuarias en todo o mundo e cifras récord de ata 43.000 visitas nun só día. Esta é a carta de presentación do Atlas Histolóxico da Universidade de Vigo, ferramenta que acaba de recibir un novo premio.
No seu compromiso coa contorna, unha das liñas de traballo da Facultade de Historia do campus de Ourense e do persoal docente e investigador que nela traballa é o coñecemento e valoración do patrimonio ourensán. Nunhas xornadas celebradas este venres no Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil, investigadoras e investigadores deste centro expuxeron algúns dos seus traballos.