A Xunta de Galicia destina, neste 2019, 180 millóns de euros á prevención e defensa contra o lume ao abeiro do Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga). Uns lumes que no pasado ano calcinaron 2608 hectáreas de monte con 1426 focos, segundo os datos da Consellería de Medio Rural. Pero este problema de dimensión mundial, agravado polo cambio climático, precisa de novos enfoques para erradicalo e minimizar os seus efectos sobre a poboación e o medio ambiente. Neste contexto, coordinado pola Universidade de Vigo e coa participación da Universidade de Porto e do Centro Nacional para a Investigación Científica de Toulouse, botou a andar no ano 2016 o proxecto FIRE-RS.
08/05/2019