Novembro é na UVigo un mes no que se multiplican as actividades de educación para os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, ODS. Coinciden nestas datas diferentes cursos, totalmente gratuítos, cos que consolidar o coñecemento da Axenda 2030.
Medio cento de alumnas e alumnos da Universidade de Vigo, sobre todo dos mestrados impartidos na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, participaron este mércores no obradoiro de emprego Achegándonos ao mercado laboral.
A igualdade de xénero nas empresas vai moito máis aló da igualdade entre homes e mulleres, comeza por valorar a capacidade real das persoas. Esta é só unha das ideas que se lles transmitiu este xoves ás alumnas e alumnos que asistiron ás Xornadas A Igualdade de xénero na empresa.
Dar visibilidade e pór en valor a actividade profesional das mulleres no ámbito da Enxeñaría de Minas, Enerxía e Materiais a partir das experiencias persoais de seis profesionais de moi distintos perfís. Con este obxectivo este venres celebrouse na EEME a II Xornada A muller na profesión de Enxeñaría de Minas, Enerxía e Materiais.
As Jornadas sobre tecnologías y soluciones para la automatización industrial (JAI) recuperarán a presencialidade do 14 ao 18 de novembro nunha edición récord en número de firmas participantes (preto de 125), persoas asistentes rexistradas (2000 entre profesionais e alumnado) e conferencias (45).
90%. Esta é, segundo a ONCE, a porcentaxe de mozos e mozas galegas, uns 8400, de entre 16 e 29 anos, con algún tipo de discapacidade, que non ten emprego, aínda que o 15% deles e delas está na procura activa dun posto de traballo.
Dentro do ciclo Diálogos con... do programa Leadership School, o subdirector da Fundación de Estudios de Economía Aplicada (Fedea), Ignacio Conde-Ruíz, ofrecerá este martes, 25 de outubro, unha conferencia titulada Pensiones: ¿Cómo conciliar suficiencia y sostenibilidad frente al reto demográfico?
Organizado pola Área de Dereito procesual da UVigo, baixo a dirección da catedrática Esther Pillado González, o salón de graos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo acolle hoxe e mañá o congreso internacional A xustiza penal ante o reto das novas tecnoloxías.
26 millóns de usuarios e usuarias en todo o mundo e cifras récord de ata 43.000 visitas nun só día. Esta é a carta de presentación do Atlas Histolóxico da Universidade de Vigo, ferramenta que acaba de recibir un novo premio.
Despois de dous anos nos que a covid-19 condicionou significativamente a vida académica, especialmente para o alumando sénior, o Programa Universitario para Maiores arranca un novo curso coa ilusión e ledicia de recuperar a normalidade e poder retomar todas as actividades formativas e culturais. A sede de Torrecedeira da Escola de Enxeñería Industrial acolleu este xoves o acto de apertura do curso 2022/2023 do PUM.
Preto dunha vintena de persoas participan desde onte e ata o vindeiro 24 de novembro na V edición do Curso de Negociación colectiva e individual no ámbito laboral, organizado pola área de Dereito do traballo e a seguridade social da Universidade de Vigo, en colaboración co Consello Galego de Relacións Laborais.
Arredor dun cento de persoas participaron este mércores na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo no VI Ciclo de conferencias de Dereito da Competencia e da Propiedade Industrial e Intelectual, unha actividade organizada pola Área de Dereito Mercantil da Universidade de Vigo.
O Máster en Matemática Industrial, impartido entre as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, xunto coa Universidad Carlos III e a Universidad Politécnica de Madrid acaba de conseguir a mención de Máster Universitario Excelente da Xunta de Galicia.
O ciclo de conferencias Diálogos con… do programa UVigo Leadership School retomará a actividade o vindeiro xoves día 29 de setembro cun relatorio do doutor en Ciencias Económicas, docente de Teoría Económica na Universidad de Alcalá e director da Área de Research de KREAB España, Daniel Fuentes.
Ledicia Costas e Manuel Bragado, dous dos baluartes máis recoñecidos das letras galegas, visitaron este xoves a Facultade de Filoloxía e Tradución para participar nunha conversa na que se reivindicou o papel de Vigo como “cidade de novela”.