Proximidade xeográfica e facilidade de aloxamento son, a xuízo dos seus impulsores, os puntos fortes do proxecto Baiona, campus residencial universitario, unha iniciativa que comezou a fraguarse hai xa uns anos neste concello do Valmiñor e que hoxe se presentou ao reitor en funcións, Salustiano Mato, quen eloxiou todo o traballo realizado a prol de conseguir unha maior unión entre as e os habitantes desta vila e o campus.
06/06/2018