Ángela Álvarez é unhas das alumnas de maior idade do Programa Universitario de Maiores, experiencia na que que leva participando máis de 14 anos. Aos seus 86 anos, cada luns e mércores érguese ás sete da maña, colle o autobús ao campus e ás nove está lista para comezar as súas clases na Facultade de Filoloxía e Tradución co resto das súas compañeiras e compañeiros, mozas e mozos da idade da súa neta cos que “conecto fantasticamente”, explica orgullosa. O seu caso é só un exemplo dos múltiples que poderían pórse. Este mércores celébrase na EU de Estudos Empresariais o acto de apertura de curso 2018-2019 do Programa Universitario de Maiores (PUM).
10/10/2018