Arranca en Vigo Biointegrasaúde 2024, encontro anual no que os tres institutos de investigación biomédicos galegos (Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Instituto de Investigación Biomédica da Coruña e o Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur) fan unha posta en común da súa actividade científica.
O Centro de Investigación en Nanomaterias e Biomedicina, CINBIO, da Universidade de Vigo é unha das nove entidades seleccionadas para participar no consorcio europeo Adaptation, financiado con 3,6 millóns de euros de axudas Pathfinder da Unión Europea.
Este venres celebrouse no campus de Ourense a clausura e entrega de diplomas do XII Curso de Intervención Socioeducativa con Persoas Afectadas pola Enfermidade de Alzhéimer.
O campus de Ourense acolle este xoves a celebración das XXI Xornadas Interxeracionais. Nelas, máis de 150 persoas de idades e capacidades diversas conviven e estreitan lazos a través de actividades lúdicas.
Arredor de medio centenar de persoas participa esta semana na Universidade de Vigo na primeira xuntanza en Europa do proxecto Ibero4Jobs. A iniciativa reúne a especialistas de universidades e organismos de Colombia, México, Portugal e España.
“Un salto abismal”. Así se refiren as alumnas e alumnos de UVigo Space Lab á súa nova estación terrea, unhas instalacións situadas no edificio Filomena Dato que se converterán no “corazón do procesamento da sinal e futuro centro de control para a misión espacial BIXO”.
Un ano máis, a Universidade de Vigo embárcase en La Aventura del saber. O programa de TVE2, que estreará nova temporada mañá mércores 3 de abril, volverá contar coas universidades españolas na sección Universo Sostible.
A Universidade de Vigo participa nun proxecto coas universidades de Oviedo e Leicester (Reino Unido) para o desenvolvemento de sistemas de potencia para vehículos ambulantes non tripulados (máis coñecidos como ‘rovers lunares’) combinando paneis solares, baterías e xeradores termoeléctricos de radioisótopos.
O Foro Económico de Galicia, coordinado desde o campus de Ourense polo Grupo Governance and Economics Research Network (Gen), presentou este luns en Santiago de Compostela o seu Informe de conxuntura socioeconómica 1/2024.
Especies de elasmobranquios costeiros como a raia mosaico (Raja undulata) ou o melgacho (Scyliorhinus canicula) centran desde o ano 2019 os estudos de investigadores e investigadoras do IIM-CSIC, d UVigo, do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e do Cetmar.
Ao longo desta semana, diferentes espazos de uso común do Edificio de Ferro foron acollendo a exposición de instalacións artísticas realizadas por alumnado de terceiro curso do Grao de Educación Infantil, que se imparte na Facultade de Educación e Traballo Social do campus.
Captar talento universitario. Esta é a idea coa que o Clúster da Automoción e Mobilidade de Galicia, Ceaga, presentou este martes na Escola de Enxeñería Industrial Talent Race, un proxecto piloto ideado para atraer talento das universidades e centros de FP ás empresas deste sector.
As deputacións provinciais galegas son entidades financeiramente saneadas. O groso dos seus orzamentos destínase a infraestrutura, servizos sociais e transferencias a outras administracións. Estas son algunhas das conclusións recollidas nun informe feito público este luns polo Observatorio Municipal Galego.
Despois de 48 horas de intenso traballo, o sábado pola tarde chegaba o momento de que os 11 equipos participantes na fase viguesa do HackForGood 2024 presentaran as súas solucións tecnolóxicas cun fin social. O xurado, tras avaliar os proxectos dos preto de 60 estudantes da UVigo inscritos, decidiu conceder o primeiro premio a BATCH-E.
60 estudantes de diferentes titulacións da Universidade de Vigo responderon á chamada do HackForGood para imaxinar un mundo máis sostible. Dende onte pola tarde e ata mañá sábado dispoñen de 48 horas de traballo para responder a un reto e crear unha solución tecnolóxica cun fin social.