Froito do traballo conxunto desenvolvido polos docentes e investigadores da Universidade de Vigo Ana Mejías e Enrique Paz, xunto aos investigadores da empresa Micaton Ergonomics S.L, hoxe presentouse Handy Gym, a máquina de adestramento máis pequena mundo.
O profesor da Facultade de Filoloxía e Tradución Carlos Garrido acaba de traducir ao galego unha das principais novidades editorias de divulgación científica xurdidas en Europa nos últimos anos.
Visitou Vigo a finais de 2017 e aquí quedou ata o pasado mes de marzo, cinco meses nos que miles de galegas e galegos puideron ver de preto o Pergamiño Vindel. Xa de volta na Morgan Library de Nova York, as famosas cantigas de Martin Codax seguirán viaxando por todo o mundo, e farano a través do libro The Vindel Parchment and Martin Codax / O Pergamiño Vindel e Martin Codax.
Algunhas e algúns dos máis destacados expertos en fotónica participaron este mércores na xornada de arranque do proxecto europeo Edify, liderado pola Universidade de Vigo e a empresa Smart Photonics, que ten o obxectivo de capacitar profesionais en fotónica integrada, ao abeiro das liñas de actuación do proxecto Marie Curie da axenda 2020.
Gustavo Sorá, antropólogo e especialista en Socioloxía da tradución, visitou este luns o campus de Vigo para impartir unha conferencia na Facultade de Filoloxía e Tradución sobre a tradución de libros na Arxentina
A ausencia no mercado dun sistema de alimentación flotante para acuicultura no mar dimensionado especificamente para explotacións de tamaño mediano e pequeno, está na orixe de SeaFeed, unha iniciativa da empresa Feeding Systems S.L., que a firma viguesa desenvolverá en colaboración coa Universidade de Vigo e coas empresas Engranor, Quantum Innovative e Montajes Cancelas.
“Hoxe en día a maioría das cidades españolas contan cun sistema de bicicletas públicas e Vigo non podía ser menos”. Así iniciaron un equipo de oito alumnos e alumnas da Escola de Enxeñería Industrial e da Facultade de CC Xurídicas e do Traballo a presentación dun traballo no que formulan a posta en marcha dunha rede de bicicletas eléctricas de uso público na cidade de Vigo.
Cunha mensaxe gravada do ministro de Ciencia, Innovación y Universidades, Pedro Duque, comezou pasadas as 9.30 horas New Space España, o evento que durante toda a xornada deste xoves reúne en Vigo a preto de 200 persoas relacionadas co sector do new space.
Vigo acollerá o vindeiro mércores, 5 de decembro, un encontro europeo sobre fotónica, orientado ás empresas galegas co fin de dar a coñecer, con casos prácticos, os usos desta tecnoloxía nos procesos industriais.
A experiencia que outorgan 20 anos impartindo a materia de Contaminación Mariña na Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo, serviulle ao catedrático de Ecoloxía Ricardo Beiras para decatarse da necesidade dun texto actualizado, acorde co estudo que hoxe en día se fai da contaminación mariña.
O medo e a inseguridade son os peores inimigos das persoas que se dedican ao mundo da tradución e a interpretación, sobre todo, daquelas que o fan como profesionais autónomos. Así de rotunda se amosou este mércores a tradutora Patricia Lluberas, autora do blog Traduce bien y descansa mejor.
A publicación definitiva este martes do Highly Cited Researchers List (HCR), elaborado por Clarivate Analytics, confirma a inclusión dos investigadores da Universidade de Vigo Jesús Simal e Maurizio Battino, ao tempo que sitúa á institución académica viguesa como a primeira do Sistema Universitario de Galicia en número de representantes nesta relación.
O proxecto FastFlow5G do Grupo de Tecnoloxías da Información da Universidade de Vigo vén de ser seleccionado na primeira Open Call for Experiments de ORCA, na categoría Excelencia Científica, o que lle permitirá ao grupo GTI poñer en valor unha parte dos resultados máis recentes do seu traballo no ámbito das comunicacións 5G.
O Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible acaba de recibir un novo recoñecemento. O premio chega nesta ocasión de man da Asociación de Empresas Medioambientais de Galicia, Aproema, que entregou esta semana a IV edición dos seus galardóns anuais.
Tras chegar esta mesma semana a notificación oficial e definitiva da concesión por parte do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades dunha axuda de 300.000 euros, este xoves inaugurouse na Facultade de Filoloxía e Tradución o Laboratorio de Linguaxe e Cognición, Lang & Co. Lab.