Xa está aberto o prazo de presentación de traballos para os Premios de poesía, relato curto e tradución da Universidade de Vigo que convoca a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. Todas e todos os membros da comunidade universitaria interesados en participar nalgunha das tres modalidades poderán entregar as súas propostas ata o 10 de abril a través do Rexistro.
“Como é ser reitor? Como se chega a ese posto? Cantos estudantes ten a Universidade de Vigo? Estas son só algúns exemplos das preguntas ás que respondeu este luns o reitor da Universidade de Vigo na apertura das retransmisións do Día Mundial da Radio.
Sostén Antonio Turiel Martínez, físico e científico do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) que nos plans de descarbonización anunciados polos responsables políticos da transición ecolóxica hai “certos puntos escuros”.
56 estudantes de 4º da ESO e 1º e 2º de bacharelato de oito centros da provincia de Pontevedra achegáronse este mércores á Escola de Enxeñaría de Minas e da Enerxía para participar nas probas correspondentes á fase galega da XIII Olimpíada de Xeoloxía.
Con sabor a viño e a mel. Así chega a nova tempada de obradoiros de Extensión Universitaria para o segundo cuadrimestre, 11 propostas formativas alternativas nas que as principais novidades son un obradoiro de cata de viños e outro de apicultura.
Os docentes da Área de Dereito Financeiro e Tributario organizaron para este mes un novo curso no que as persoas asistentes terán a oportunidade de pórse ao día dos diferentes instrumentos normativos cos que conta a Administración Tributaria ante o reto dos novos modelos de negocio.
O curso de Advanced Trading celebrará entre mediados de febreiro e mediados de marzo a súa sexta edición. Esta formación ten como obxectivo ofrecer ao alumnado a oportunidade de ampliar coñecementos sobre o investimento bolsista mediante a aplicación das novas tecnoloxías ás transaccións nos mercados financeiros.
Un ciclo de lingua e calidade e outro sobre xestión do multilingüismo nas aulas. Estas son as grandes novidades da oferta formativa da Área de Normalización Lingüística para o segundo cuadrimestre, un abano de posibilidades que inclúe sete cursos formativos en lingua galega.
“É un curso único, debido a que nel participan profesores de diferentes países, o que permite ofrecer unha visión do Dereito Comparado na materia de Dereito do Traballo e da Seguridade Social".
O centro de saúde de Lavadores acolle unha exposición artística con obras dun grupo de alumnos da Facultade de Belas Artes da UVigo e de dous profesionais do centro.
Desde este xoves todas as persoas interesadas no mundo dos videoxogos poden votar os seus títulos favoritos de 2022, xa sexan en español, galego, catalán ou éuscaro. Así arranca a segunda edición dos premios ETIV-UVigo á localización de videoxogos.
Ata finais desta semana (22 xaneiro), nuns casos, e ata mediados da seguinte (26 de xaneiro), noutros, permanecerá aberto o prazo de inscrición nos cursos, que para o segundo cuadrimestre oferta o Centro de Linguas da UVigo.
Entre o 31 de xaneiro e o 28 de abril desenvolveranse os oito cursos do programa gratuíto de formación e-Destrezas que a Vicerreitoría de Extensión Universitaria oferta para o segundo cuadrimestre do curso 2022-2023 co obxectivo de desenvolver e mellorar as competencias dixitais do estudantado, PAS e PDI da UVigo.
Tras unha exitosa estrea o curso pasado, a Universidade de Vigo volverá impartir nos meses de febreiro e marzo unha nova edición do Curso avanzado de posgrao de eficiencia enerxética na rehabilitación de edificios.