“Facer fotografía non é sacar fotos”, sinala o fotógrafo e deseñador gráfico Tony Vacas, principal docente do obradoiro de extensión universitaria que nestes meses busca contribuír á “alfabetización visual” do alumnado, iniciándoo no coñecemento dunha serie de cuestións relacionadas coa linguaxe fotográfica, a percepción visual e as ferramentas compositivas.
22/12/2022