Despois de que a covid-19 impedise levala a cabo os últimos dous anos, a Escola de Enxeñaría Forestal volverá a ser a sede, o venres 27 e o sábado 29, da Feira da Miniciencia, o evento final de Pontenciencia, un proxecto impulsado polo Concello de Pontevedra, coa colaboración da Universidade de Vigo, que busca “estimular a participación cidadá en procesos científicos e visualizar a ciencia entre os nenos e nenas e o público en xeral”, como salientan desde a organización.
23/05/2022