Consistente en correr por contornas naturais como bosques, montañas ou mesmo desertos, o trail running converteuse nos últimos anos nunha modalidade deportiva cun crecente número de practicantes, pero, polo de agora, pouco estudada desde o punto de vista científico. Na investigación pioneira que levou a cabo para a súa tese de doutoramento, Sérgio Matos realizou o seguimento de 25 atletas ao longo dunha tempada.
11/03/2022