Coa adaptación da educación superior ao Plan Boloña, a avaliación da calidade, tanto na docencia como na investigación, está a ocupar un lugar de enorme relevancia. Para avanzar neste campo, a Universidade de Vigo e a de Granada organizan a vindeira semana, xunto coa FECYT, o VI Foro sobre Evaluación de la Calidad de la Educación Superior y de la Investigación, no que tomarán parte arredor de 600 expertos.
Dirixido, segundo explica o seu coordinador, Gualberto Buela-Casal, da Universidade de Granada, “a representantes de institucións e entidades relacionadas coa avaliación da calidade docente e investigadora no ámbito da educación superior”, a maior dos participantes son profesores universitarios, investigadores, vicerreitores e responsables de xestión universitaria.
03/09/2009