Hai case trinta anos, George Orwell presentáballe ao mundo a súa novela 1984, un texto de ficción distópica, no que un omnipresente Gran Irmán controlaba un a un a todos os habitantes de Londres. Esta sociedade orweliana, caracterizada por un sistema de goberno totalitario comparte, segundo moitos estudosos do cinema contemporáneo, certas semellanzas coa sociedade actual. A través do ciclo Outros mundos, outras sociedades? Suso Novás, colaborador habitual da Vicerreitoría do campus á hora de organizar a súa programación cultural e deportiva, pretende amosarlle á comunidade universitaria e ao público en xeral a influencia destes filmes.
19/09/2013