Música, teatro, cinema e comunicación. Estes son algúns dos ámbitos que abarcan os obradoiros que a Vicerreitoría do campus de Pontevedra presenta para este cuadrimestre. Posta en escena dunha montaxe teatral e Efectos especiais de maquillaxe e modelado, dunha banda, e de cine e televisión, da outra, son os cursos pensados para aqueles que desexen desenvolver as súas capacidades artísticas ligadas ao mundo da produción audiovisual. Ao mesmo tempo, os interesados en aproximarse a este terreo dende un punto de vista teórico teñen á súa disposición o obradoiro que, baixo o título Cinema documental, trata de dilucidar as diverxencias e similitudes entre os modelos audiovisuais históricos.
25/02/2008