“A violencia sexual que se produce na parella, en contraposición á causada por estraños, é máis invisible, máis frecuente e ten uns efectos máis devastadores na persoa polo espazo íntimo no que se produce”. Así poñía sobre a mesa María Lameiras, vicerreitora do campus de Ourense, o tema da invisibilidade da violencia sexual na sociedade, facendo tamén fincapé en que, en contra do que se soe pensar, este tipo de violencia no só se produce en adultos senón que cada vez é máis detectado en relacións breves entre mozos. Estes e outros aspectos foron analizados na presentación do libro Violencia de género. La violencia sexual a debate.
15/12/2010