“Só a lectura do pasado, da historia, nos permite dar un paso adiante”. Así explicaba María Lameiras, vicerreitora do campus de Ourense, a importancia do I Ciclo de Conferencias Minorías, Inmigrantes e Estranxeiros, que reúne este xoves e venres a expertos de diferentes universidades para rastrexar os fenómenos migratorios ao longo da historia, desde a antigüidade ata a actualidade. A persoa encargada de dar inicio ás conferencias foi o catedrático de Historia Antiga da Universidade de Madrid, Adolfo D. Monedero, que foi debullando as relacións dos gregos cos nativos das súas colonias.
02/12/2010