DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Participan 70 alumnas e alumnos de RITSI, entidade que agrupa a 36 centros

O campus acolle a xuntanza estatal de estudantes das titulacións de informática

Desde este xoves e ata o sábado

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Estudantado
  • Reitor
  • Estudantes
DUVI Ourense 02/02/2024

A Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense acolle do 1 ao 3 de febreiro as xornadas de formación da Reunión de Estudiantes de Ingenierías Técnicas y Superiores en Informática (RITSI), entidade que reúne a alumnado de 36 centros estatais con titulacións en informática. A cita, na que participan arredor de 70 estudantes, foi inaugurada este xoves pola tarde por Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Arno Formella, director da Escola Superior de Enxeñaría Informática; Francisco José Anillo, presidente da asociación RITSI; Luis Cabeza, fundador e primeiro presidente desta entidade, e Cristina Lavadores, membro da organización da xornada por parte da escola do campus. Ao longo da súa celebración, as e os participantes asisten a charlas e mesas redondas sobre temas de interese para este colectivo, como o futuro dos seus estudos e a súa profesión, a súa evolución histórica, a calidade universitaria e o liderado e xestión de equipos.