DUVI

Diario da Universidade de Vigo

O Campus Universitario Ourense xogou o domingo en Vitoria

O equipo de rugby perde por un axustado marcador fronte a Gaztedi RT

Con este resultado sitúase quinto do seu grupo na división de honra B estatal

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Deportes
  • Deportes
DUVI Ourense 02/11/2020

O Campus Universitario Ourense Rugby Club disputou o domingo a súa segunda xornada da liga2020/2021 da división de honra B do rugby estatal. O equipo desprazouse a Victoria para xogar con Gaztedi RT, perdendo finalmente o encontro por un axustado marcador de 26-25. “Tras unha primeira parte igualada, o mellor do partido chegou na segunda parte, na que o Campus Ourense mellorou o seu xogo e puxo a balanza bastante equilibrada con tres ensaios que non puideron finalmente bater aos de Gaztedi”, comenta desde o club. A pesar deste revés, desde o equipo destacan como “hai que seguir traballando con gañas e ilusión”. Despois de acadar unha vitoria no primeiro partido de liga e unha derrota no segundo, o Campus Universitario Ourense Rugby Club sitúase quinto do seu grupo.