Manuel Reigosa mantivo este venres unha xuntanza con Ana Ortiz
O reitor reúnese coa nova delegada da Xunta en Vigo
O reitor da Universidade de Vigo reuniuse este venres pola mañá coa nova delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz. Esta é a primeira xuntanza que manteñen dende que a representante autonómica tomara posesión do seu cargo o pasado 20 de xuño en substitución de Marta Fernández-Tapias. O reitor estivo acompañado polo vicerreitor de Planificación e Sostibilidade, José Luis Míguez.
A nova delegada territorial está a desenvolver unha serie de reunións con represententantes tanto de concellos e outras administracións públicas como con responsables doutros organismos como, neste caso a Universidade de Vigo, para establecer futuras liñas de traballo e colaboración.