Baixo o título de O monte galego do século XXI, o Foro Económico de Galicia, entidade xestionada polo Grupo Gen da Universidade de Vigo, propón no seu último informe unha “imprescindible” reforma estrutural na xestión das terras. Entre as catro liñas de actuación que recomendan os seus expertos están priorizar a explotación do monte fronte aos dereitos de propiedade, unha ordenación efectiva dos usos do solo, coherencia das distintas políticas públicas e impulso á iniciativa privada.
30/09/2020