A finais de 2021, a Universidade de Vigo e a promotora da exposición Peter Lindbergh: Untold Stories, Marta Ortega Pérez, asinaron un protocolo de colaboración, traducido posteriormente nun convenio, que tiña como obxectivo promover a arte emerxente en Galicia a través de Future Stories, proxecto ao que se destinarían os ingresos xerados por esta exposición a través da venda de merchandising e das achegas dos visitantes.
21/06/2022