Chegou novembro e con el unha das citas máis importantes en Pontevedra no que a promoción de novos talentos se refire. Arrinca Debut 2012, o evento no que Esdemga, Estudos Superiores en Deseño Téxtil e Moda de Galiza, se viste de gala para amosar os proxectos fin de carreira do alumnado da última promoción. Este venres, a súa directora, Lola Dopico e a vicerreitora do campus de Pontevedra, Antonia Blanco, presentaron unha nova edición do desfile que se celebrará o 22 de novembro no Pazo de Congresos, acompañado dun “innovador” programa de obradoiros e xornadas que achegarán ao estudantado as novas tendencias do sector.
09/11/2012