O Torneo Universitario de Squash 2008 chega ao campus o vindeiro martes 26. Dende as 10 da mañá cada participante medirase, de xeito individual, coa parella que por sorteo lle corresponda. A competición, en roldas eliminatorias masculina e feminina, terá lugar nas pistas do Pavillón e dende a organización estiman que o número de xogadores xire en torno aos 50. Rodrigo Alberte, encargado do Servizo de Deportes, comentou que “poden participar todos os membros da comunidade universitaria que o desexen, de todos os campus, e aínda que é un campionato interno da Universidade, tamén afeccionados alleos a ela. O prazo para inscribirse aínda está aberto esta semana”.
20/02/2008