Dende o seu nacemento no ano 2005, o festival Sonora é a cita que inaugura a primavera na Universidade de Vigo e faino achegando ritmos de vangarda e novas propostas musicais. A edición deste ano, que se celebrou na tarde deste xoves, encheu o Teatro Vidal Bolaño de mozas e mozos para escoitar dúas fórmulas de talento galego: a viguesa Dani e o compostelán Ortiga.
14/04/2023