Dende hoxe mércores e ata o venres 1 de decembro, a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da UVigo mérgullase na súa semana grande, a da celebración da súa patroa, Santa Bárbara. Para conmemorar esta data, tanto o centro como a Delegación do Alumnado deseñaron unha ampla programación de actividades académicas, lúdicas, deportivas e festivas que arrancou este luns cunha mesa redonda sobre comunidades enerxéticas da man de Ingenieros sin fronteras.
22/11/2023