Dende que se puxo en marcha en 2015, o Programa de Retención de Talento da Universidade de Vigo permitiu fixar na institución a ducias de investigadores e investigadoras que, doutro xeito, teríanse visto obrigados a continuar a súa carreira científica noutra institución. A convocatoria de 2022 permitirá reter na UVigo a catro novos científicos e científicas: Juan Galindo e Estefanía Paredes, do Centro de Investigacións Mariñas, CIM-UVigo, e Sandra Rivas e Gustavo Bodelón, do Cinbio.
23/11/2022