Nos seus múltiples campos de aplicación, a informática está en permanente desenvolvemento e avance. Por este motivo, a actualización do alumnado e das e dos profesionais deste eido supón un reto e tamén unha necesidade. Co obxectivo de contribuír a esa formación, a Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) acolle, a través do Campus Remoto da UVigo, a celebración dun ciclo de conferencias sobre tecnoloxías novidosas en informática, organizado pola sección de informática en España do Institute of Electrical and Electronics Engineers (IEEE) coa colaboración da escola do campus de Ourense.
24/05/2021